Wednesday 15 de May de 2024

A Mancomunidade de Ordes porá en marcha o programa ‘Comparte: fai que a vexan’


Sensibilizará aos adolescentes e aos seus familiares sobre a importancia que ten o uso responsable das TIC para loitar contra a violencia de xénero. Desenvolverase ata decembro nos centros académicos e nas aulas de informática da comarca

Co obxectivo de sensibilizar á poboación adolescente e ás familias sobre a importancia da responsabilidade compartida no uso das TIC e na detección precoz da violencia de xénero, dende o mes de outubro ata decembro o CIM da Mancomunidade de Ordes porá en marcha o programa ‘Comparte: fai que a vexan’.

Unha iniciativa que conta co financiamento da Deputación da Coruña, e que se desenvolverá tanto nos centros académicos como nas aulas de informática de cada un dos sete concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes. En total hai que falar de máis de 60 sesións presenciais co alumnado de ESO e bacharelato, nas que se analizarán determinados aspectos do uso das TIC coa poboación adolescente. Tamén están previstos obradoiros de sensibilización de cara á detección da violencia de xénero coas familias, os cales terán dúas horas de actividades formativas baseadas na súa importancia e no papel relevante no uso responsable das TIC. Por último, coa información obtida nas distintas actividades elaborarase un informe final no que poder plasmar un estudo-diagnóstico sobre o uso das TIC, sexismo e violencia de xénero no ámbito territorial da comarca de Ordes.